Municipais 2015: O Partido Popular presenta os seus alcaldables na Comarca do Ribeiro
O Centro Comarcal de O Ribeiro acolleu a presentación de candidatos do Partido Popular ás Eleccións Municipais de 2015 na comarca ribeirán.
Os candidatos presentados son os seguintes:
-A Arnoia: José Camilo Fariñas Viso (63 anos). De profesión empresario, é alcalde do municipio dende 2009 e concelleiro dende 1999.
-Avión: Antonio Montero Fernández (49 anos). Empregado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende o ano 2005.
-Beade: Senén Pousa Soto (75 anos). Xubilado, é alcalde deste municipio dende 1974.
-Carballeda de Avia: Lorenzo González Rodríguez (30 anos). Empresario de profesión, é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, diplomado en Empresariais, M.B.A. Dirección e Administración de Empresas. É concelleiro dende 2007.
-Castrelo de Miño: Avelino Pazos Pérez (43 anos). Funcionario de profesión, actualmente atópase cursando o Grao de Ciencias Políticas e da Administración. É concelleiro dende 2011.
-Cenlle: Gabriel Alén Castro (37 anos). Profesor, diplomado en Maxisterio de Educación Física. É concelleiro dende o ano 2007 e alcalde dende 2011.
-Leiro: Francisco José Fernández Pérez (55 anos). Titular de oficina de Farmacia, é licenciado en Farmacia. Concelleiro desde 1991, é alcalde dende 1995. Foi deputado provincial entre 1999-2003 e entre 2009-2011. Foi elixido senador por Ourense na X Lexislatura (dende novembro de 2011). É presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro dende 2009 e presidente tamén do GDR-9 da Zona Carballiño-Ribeiro dende 2009.
-Entidade Menor de Berán: José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos). Policía portuario de profesión, é a súa primeira incursión en política.
-Melón: María Cristina Francisco Vílchez (48 anos). Empregada de profesión, é alcaldesa do Concello de Melón dende o ano 2011.
-Ribadavia: César Manuel Fernández Gil (34 anos). Licenciado en Filosofía, Diploma de Estudos Avanzados en Filosofía e Grao en Dereito. Actualmente é asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, concelleiro e voceiro en Ribadavia dende 2011 e presidente local do PP dende 2012.