No Carballiño: curso gratuíto de Redes Sociais para mulleres emprendedoras, autónomas e traballadoras entre 18 e 30 anos

15, Outubro 2019

Zona from Facebook crea este curso de 4 horas, gratuíto, enfocado á formación para mulleres emprendedoras, autónomas e traballadoras de PEMES pensado para axudalas a desenvolver e xestionar valiosas redes de contactos con ferramentas dixitais de Facebook.

O programa de formación inclúe distintos módulos que tratan do potencial de Facebook, Instagram, WhatsApp e Messenger para potenciar o seu negocio.

O programa está baseado nas ferramentas de xestión de redes sociais de Facebook e consta de 4 horas de formación durante as cales se desenvolven as actividades en equipos de traballo para lograr unha aprendizaxe colaborativa máis significativa.

Esta accíon informativa desenvólvese durante este mes de Outubro para xóvenes entre 18 e 30 anos, en distintos grupos tanto no Carballiño como en Ourense

Para máis información: https://cursos.coworkingamina.es/