Noite histórica en Espiñedo: 1º partido con luz artificial e victoria do "baby " Arenteiro ante o Arousa (3-2)

7, Abril 2010

Nin os máis optimistas entre os numerosos afeccionados que acudiron esta noite a Espiñedo esperaban que este novo  Arenteiro, integrado na súa totalidade por xogadores procedentes do equipo filial e que atá fai dúas semanas xogaban na 2ª categoria autonómica podían gañarlle a ún dos galos e aspirantes ó ascenso na preferente, o Arousa de Vilagarcia. Pero no fútbol todo é posible se hai gañas e ilusión e asi quedou demostrado neste partido valedeiro para a competición ligueira, que fora aprazado no seu dia polo mal estado no que se atopaba o municipal de Espiñedo. O Arousa chegou ó Carballiño pensando que ía gañar o partido sen baixar do autobús e confundiuse de pleno, resultou ser ún equipo mediocre no que se supón que xogaban futbolistas porque vestían con camiseta arlequinada, e pouco maís. Enfronte, unhos rapaces con raza e incluso non exentos de clase deronlle toda unha lección de pundonor e defensa dunhas cores. A eles, ós do Arousa, e a outros. Adiantabase o Arenteiro nos primeiros minutos do partido cun gol de Sampayo, e en apenas 20 minutos os arousanos dábanlle a volta ó marcador, e asi remataba a primeira parte. Parecía que todo estaba decidido, pero no segundo periodo chegaría a sorpresa. Os rapaces do Arenteiro non desmaiaban, e a doce minutos para o final Alex lograba o empate. Xa co tempo practicamente consumido chegaba o momento do éxtasis para a afección local, cando Juan lanzaba un chupinazo que se colaba na meta arousana. Ledicia nas bancadas de Espiñedo, ónde se celebrou a victoria local como facía tempo non se coñecía. Polo demáis, noite histórica, xa que o partido xogouse coa nova iluminación. Noite redonda.