O Alcalde de Maside sitúa ó 2009 como o mellor ano da historia para o concello en canto a investimentos

22, Abril 2010

O rexidor municipal masidao fixo hoxe balance dos investimentos públicos feitos no pasado ano 2009 no municipio, destacando as obras executadas a través do plan E. Tamén estaba previsto a asistencia do Subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, que non pudo chegar a hora prevista ó mediiodia, por motivos de axenda, xa que a esa hora presidía na casa do concello do Carballiño a reuníon da xunta local de seguridade. Asi que foi o Alcalde de Maside, Celso Fernández, quen compareceu ante os medios para facer un repaso polos proxectos desenvolvidos nos últimos meses e financiados por medio do fondo estatal de investimento local, un total de 8 proxectos, que tiveron un orzamento de 540.000 euros, e deron emprego a 38 traballadores. Entrre as actuacións que se levaron a cabo contase o acondicionamento de varios camiños en distintas localidades, asi como a reforma da rúa Sanjurjo, na capitalidade municipal, a obra cun investimento máis elevado, 78.000 euros. Tamén se acometeu a reforma da cuberta da pista polideportiva de Dacón, o acondicionamento de zonas verdes e un plan municipal de aforro enerxético. Ainda sen ter en conta outras infraestructuras, como a autovia, os investimentos públicos feitos durante o pasado ano 2009, levaron o Alcalde a manifestar que "sen dúbida podemos asegurar que éste foi o mellor ano da historia para Maside, en canto a investimentos feitos". Celso Fernández tamén adiantou que para este 2010 contemplase unha inversión de 330.000 euros, con cargo a este mesmo plan E, que se adicarán a un proxecto de aforro enerxético, a reforma da rede de abastecemento de auga, o acondicionamento de locais, e a financiar actividades de servizos sociais.