O Arenteiro confirma a fichaxe do dianteiro Sylla, o club tamén incorpora a Victor Eimil e Martín Torres

19, Agosto 2020

Chega procedente do Coruxo, co equipo vigués participou na pasada tempada en 20 partidos na Segunda-B, a tempada anterior marcou 24 goles co Arousa en terceira, o Arenteiro faise cos servizos doutro futbolísta recoñecido no fútbol galego, o dianteiro senegalés Sylla.

Foi un dos primeiros obxetivos do club, fai máis dun mes que comezaron as negociacións en Pontevedra, a súa cidade de residencia, e finalmente culminaban con éxito, e Sylla convertíase este mércores 19 de Agosto en novo xogador do Arenteiro.

Non é a única incorporación ao novo proxecto verde que ven de fraguarse nos últimos dias, tamén veñen de comprometerse co Arenteiro para a próxima tempada Victor Eimil, que chega para reforzar a liña defensiva dende o Deportivo Fabril, un fútbolista de 21 anos e con moito futuro por diante, asi como o centrocampista Martín Torres, que foi un dos xogadores importantes do último ano no Barbadás.