O Arenteiro dos records é aínda máis lider na Segunda Federación ao derrotar ao Marino de Luanco en terras asturianas

6, Novembro 2022

Este Arenteiro continúa a dar alegría tras alegría aos seus afeccionados, que cada vez son máis, desta vez e tras unha semana intensa na que se proclamou campión de España da Copa Federación, os verdes non acusaron o cansancio no seu desprazamento desta fin de semana a Asturias e regresan a O Carballiño con outros 3 puntos tras derrotar ao Marino de Luanco cun gol de Curro Rivelott no minuto 67 de partido.

O Arenteiro continúa asi firmando a súa mellor etapa histórica, acumulando xa 20 partidos invicto en competición oficial, sumando os partidos da Segunda RFEF e a Copa Federación, que tan brillantemente gañaou. O próximo partido en liga será o domingo 20 en Espiñedo ante o Compostela, antes este próximo domingo dia 13 ás 21 horas xogará a Copa do Rei ante a UD Almeria, da primeira división.

Vídeo resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/vinte-partidos-sen-perder-catapultan-ao-arenteiro

Crónica do partido no dixital "Fútbol Asturiano": https://www.futbolasturiano.es/noticias13/0621.htm