O Arenteiro pecha a pretempada sen perder ningún partido e cunha nova victoria (1-4) no Barco, antes do seu debut en liga co Arousa

29, Agosto 2021

Unha pretempada na que o Arenteiro xogou 8 partidos ante rivais de nivel, colleitando 4 victorias (Lugo B, Celta B, Villalbés e Barco) e 4 empates (Coruxo, Fabril, Racing Ferrol e Deportivo), todos xogados durante o mes de Agosto.

Neste último partido de preparación en Calabagueiros xogado o sábado 28, os verdes foron moi superiores aos locais do Centro de Deportes Barco, aos que venceron por 1-4, con goles de Renan, Raúl Blanco, Alex Fernández e Adrián Cruz, e no que Fran Justo seguíu rotando todo o plantel dispoñible.

Agora comeza a liga, será o  sábado dia 4 de Setembro, a data na que  debutará o Arenteiro na Segunda RFEF no estadio da Lomba de Vilagarcía, onde agarda o Arousa. O partido está fixado para as 8 da tarde e será retransmitido pola G2.