O Arenteiro, que mereceu moito máis, cae ante o líder

12, Decembro 2021

O Arenteiro non mereceu sair derrotado hoxe de Espiñedo ante o líder, o equipo madrileño da ADU Adarve viuse superado nunha gran parte no partido desta tarde en Espiñedo, pero un gol que non debeu subir ao marcador por fora de xogo, sírvelle para levarse os 3 puntos do Carballiño e ser máis líder.

Excesivo castigo para o Arenteiro e moito premio para os madrileños, pero no fútbol o que mandan son os goles e pouco importa facer unha ducia de ocasións se non materializar ningunha, o Adarve fixo unha única ocasión na primeira parte e a do gol na segunda, e foille suficiente. Ao partido non lle faltou nin ritmo nin emoción. Foi o Arenteiro quen unha e outra vez amenazaba ao meta visitante Cristian Parra, os verdes entraron ao partido sen medos e demostrando que poden facer fronte a calquera equipo da categoria, aínda que co paso dos minutos os madrileños tamén desmostraban ser un equipo con moito oficio, sen fisuras en defensa e tratando de xogar en longo para buscar as costas da defensa do Arenteiro.

Na segunda parte, máis do mesmo, os dous equipos parece que decidíanse a dar aínda un paso máis adiante en busca da victoria, o Arenteiro recuperaba a intensidade que o caracterizou nos mellores partidos da tempada, pero foi o Adarve quen marcou. O gol non descompuxo ao Arenteiro que seguíu apretando ata o pitido final, faltoulle o gol.

CD ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Germán Novoa (Marquitos 75’), Vitra, Daniel Portela, Álvaro Naveira (Joseca 69’) ; Renan Zanelli, Álex Fernández, Adrián Cruz; José Sobrido (Sylla 46’) e Joni Magisano (Adri Castro 69’).

ADU ADARVE: Cristian Parra; Gallardo, Ramos, Salama, Álvaro Portero, Mayorga, Maganto, Cruz, Tellechea, Álvaro Montejo e Calleja (Andrei 87’).

Goles: 0-1 Portero 57’.

Árbitro: Eder Mallo Fernández (Comité Castelán-Leonés). Auxiliares: José María Madrigal Pérez e César Domínguez Zapatero. Desafortunada actuación, xa que concederon o gol dos madrileños nun clamoroso fora de xogo e non quixeron ver un penalti na área do Adarve.  Supónse que nesta categoría a arbitraxe debería xa ter certo nivel.

Amonestacións: TA: Joni Magisano (Arenteiro) 25’, Cristian Parra (Unión Adarve) 40’, José Sobrido (Arenteiro) 44’., Adri Castro (Arenteiro) 58’, Sylla (Arenteiro) 89’.