O Arenteiro, que mesmo puido gañar, rabuña un punto en San Lázaro ante o Compostela

27, Febreiro 2022

Nin as numerosas baixas por sancións e lesionados nin a rigurosa expulsión de Ger que deixouu ao equipo en inferioridade no terreo de xogo impediron que un serio e combativo Arenteiro lograse un meritorio punto na súa visita a Santiago de Compostela.

Saíron sen medo os verdes ao partido no tapete de San Lázaro, que tras solventar un par de acometidas dos locais, apenas permitiron que o Compos chegase con perigo sobre a portería de Diego García, mentres que co paso dos minutos o Arenteiro a base de posesións longas lograba impoñerse no xogo e poñer nervioso a todo un Compostela.

Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro volveu saír mellor, agora maniatando aos xogadores do Compos, sabedores que o reloxio comezaba a xogar ao seu favor, e mesmo pudo puido facer salta a banca no San Lázaro Vero Boquete cando Sylla conectou un tstarazo que enviou o balón baixo para que un felino Pato Guillén se lucise. Pero no minuto 74 o Arenteiro sufre a enésima expulsión dos últimos partidos, tocaba gardar a roupa e esperar algunha posible oportunidade.

O Compostela aprobeitou a superioridade para lanzarse definitivamente sobre a portería do Arenteiro, que resistíu con solvencia. Tivoas o Compostela e tamén a tivo o Arenteiro, aínda con arrestos para poñer en perigo a portería do Pato Guillén.

SD COMPOSTELA: Pato Guillén, Roque, Salado (Jimmy, min 78), Álvaro Casas (Joel, min 78), Guille Torres, Pablo Antas, Jordan, Parapar (Rafa Mella, min 65), Fer Beltrán (Josiño, min 65), Escudero y Primo (Pablo Durán, min 57).

CD ARENTEIRO: Diego García, Eimil, Joseca (Joni, min 86), Ger, Portela, Marquitos (Sylla, min 70), Cassio de Goes, Pibe, Álex Fernández, Raúl Blanco e Sobrido (Naveira, min 77).

GOLES: 0-0.

ÁRBITRO: Javier Figueirido Comesaña, do comité galego. Outra mala arbitraxe que sufre o Arenteiro, non quuixo ver un penalti na área local.No minuto 74, expulsou a Ger por doble amonestación, rigurosísima, que condenou ao Arenteiro a volver a xogar os últimos 22 minutos de partido en inferioridade numérica, e xa perdimos a conta de cantos partidos van.Tamén viron cartón amarelo Primo, Pablo Antas, Guille Torres y Álvaro Casas, polo Compos; e Cassio de Goes, Sylla y el segundo adestrador, no Arenteiro.

Vídeo-resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/empate-entre-compostela-e-arenteiro-con-protagonis...