O Arenteiro recibe ao Marino de Luanco, un equipo con varios futbolistas con pasado en segunda e primeira división. O partido, este sábado 13 ás 16:00 h. en Espiñedo.

10, Novembro 2021

O Arenteiro volve xogar por segunda xornada consecutiva en Espiñedo, e desa vez para recibir a todo un clásico do fútbol asturiano, un equipo plagado de bos xogadores, algúnhos como Luis Morán ou Lora acumulan varias tempadas na máxima categoria do fútbol español co Sporting de Gijón.

Con moita experiencia na extinta Segunda B, o Club Marino de Luanco non arrancou ben a actúal tempada na nova Segunda RFEF, e chega a este encontro no furgón de cola, en postos de descenso, con 7 puntos. Pero ten mimbres máis que sufientes para despertar en calquera partido, agardemos que non sexa precisamente en Espiñedo e ante un Arenteiro que precisa recuperar sensacións trala última derrota co Palencia.

O encontro, de novo retransmitido en directo pola G2, está fixado para as 4 da tarde deste sábado 13 de Novembro.