O Arenteiro reforza a defensa con 2 xogadores brasileiros, que poderían debutar en Lalín

18, Febreiro 2011

O Arenteiro espera poder hoxe tramitar as fichas federativas de dúas novas incorporacións, ás que Francisco Romero deu o visto bó, tralo adestramento do pasado xoves. Trátase de dous xogadores brasileiros que proceden da da 2ª B portuguesa, aínda que ún deles chegara incluso a debutar na 1ª división brasileira, é o caso do defensa central Costa Damasceno, de 24 anos. "Marcone" é o seu nome futbolístico. Tamén se incorpora á disciplina do Arenteiro o lateral de 22 anos Abner Dasilva. Ambos poderían xa debutar este próximo domingo no partido do Arenteiro ante o lider C.D.Lalín, no Miguel Anxo Cortizo. Con ambas fichaxes, a Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" sigue facendo un esforzo económico, e pensando en que a salvación aínda é posible.