O Arenteiro regresa do Porriño cos 3 puntos: Pontellas-Arenteiro, 1-3.

8, Decembro 2020

Decíase que podía ser un "partido trampa" por aquelo de que o Pontellas era o colista da categoria e podería levar a un exceso de confianza aos verdes, finalmente o Arenteiro solventouno sen grandes problemas, aínda que a punto estivo de complicalo nun balón regalado aos visitantes que aproveitaron para empatar momentaneamente, aínda que o gol fose en claro fora de xogo. O partido, correspondente á novena xornada na terceira división xogouse este martes, en formato "champions".

Sylla pudo adiantar ao Arenteiro aínda nos primeiros compases do partido, pero houbo que esperar a un regalo defensivo dos locais para que Javi Pazos fixera o primeiro gol da tarde. O Arenteiro non pasou por ningún apuro salvo un remate de cabeza dun xogador local que repeleu o traveseiro da portería de Diego, na única ocasión que, a maiores do gol, poideron fabricar os locais en toda a tarde. O empate do Pontellas chegou nunha xogada pouco habitual, que mesmo levou ao árbitro a non sinalar o claro fora de xogo do gol do Pontellas, Diego, varios metros fora da área, regatea a un xogador do Pontellas e cando lanza o balón éste impacta na espalda dun contrario, sae rebotado cara a área do Arenteiro pero o xogador que marca arranca en posición de fora de xogo xa que por detrás del so está Portela como único xogador do Arenteiro, é decir, o árbitro tiña que anular o gol pero non o fixo e subíu ao marcador.

Apenas cinco minutos despóis(68 de partido) o Arenteiro volve poñerse por diante, agora sí, o árbitro acerta ao sinalar como falta máxima tras tocar na área coas mans un defensor do Pontellas, Renan transfora dende os once metros. O gol da tranquilidade foi obra de Sylla tras unha asistencia de Javi Pazos. Misión cumplida, o Arenteiro regresa do Porriño cos tres puntos, agora a próxima cita o domingo dia 13 ante o Rápido de Bouzas.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...