O Arenteiro remonta ante o Barco cunha arroiadora segunda parte de fútbol en Espiñedo

5, Decembro 2020

Por dúas veces tivo que remontar o Arenteiro este partido ante os valdeorreses nunha tarde de sábado xélida en Espiñedo, con apenas 3 graos a temperatura ambiente, que non impedíu á parroquia carballiñesa gozar dunha victoria, e unha tarde de goles, nada menos que seis e todos eles de bela factura.

Entrou ben o Arenteiro no partido e dos verdes foron os primeiros minutos cando Sylla malogrou unha boa ocasión para inaugurar o marcador, e non obstante foron os visitantes os que golpearon primeiro na primeira chegada que tiñan ante a portería de Diego, cun inapelable cabezazo do dianteiro gaditano Juanito Bazo. Pero pouco despóis un bo centro de Renan foi tamén maxistralmente rematado de cabeza por Sylla para empatar un partido con un alto ritmo, e no que o Barco volvía outra vez poñerse por diante no marcador no minuto 37, un chisco antes Ger tivera nas súas botas a ocasión de marcar para o Arenteiro, que se foi ao descanso por detrás no marcador, 1-2.

Pero na segunda parte o Arenteiro foi un vendadal de fútbol e en apenas 15 minutos culminou a remontada. Primeiro foi Naveira quen estivo a punto de marcar pero o seu tiro desviouno nunha gran intervención o gardameta barquense Iván Oviedo, a renglón seguido unha asistencia de Adrián Presas sobre Renan foi aproveitada polo brasileño para empatar, tras unha gran acción persoal na que se foi no medio de dous defensores e unha definifición perfecta. O Barco apenas pasaba do medio campo e o Arenteiro era un torbellino, víase vir a remontada, que chegaba cando se consumia o primeiro cuarto desta segunda parte, tras pisar área Victor Eimil e servir un balón de ouro que aproveitou Javi Pazos para marcar outro bonito gol. Xa co tempo cumplido, Rubén Arce redondeou o resultado con outro tanto, igual que todos os anteriores, dos que merece a pena ver na repetición.

Agora, dous partidos na semanda entrante, o martes o Arenteiro xoga no Porriño ante o Pontellas e o próximo domingo de novo en Espiñedo ante o Rápido de Bouzas.

Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...