O Arenteiro respira tranquilo tras desestimar o Comité de Apelación a reclamación do Arousa

18, Maio 2010

O Arenteiro conserva tres puntos de ouro meritoriamente gañados no terreo de xogo e que, debido o carrusel de descensos motivos polos arrastres de 3ª división, resultan suficientes para estar fora de todo perigo. Os 49 puntos actúais sitúan o Arenteiro fora de toda continxencia, independientemente do resultado que acade este vindeiro domingo no derradeiro partido do campionato ligueiro en Espiñedo ante o Marín C.F., ún dos equipos inmersos na loita por manter a categoria. O Comité de Apelación volve asi desestimar, como antes xa fixera O Xuíz Único de competición, a reclamación presentada polo Arousa por presunta alineación indebida do Arenteiro no partido xogado en Espiñedo o pasado 7 da abril, e no que os arousanos caían sorpredentemente derrotados (3-2) polo "Baby Arenteiro". O Arousa quédalle agora unha derradeira posiblidade, que é a de acudir ó Comité de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia, algo pouco probable xa que a un partido do remate da liga o Aorusa xa perdeu toda opción posible cara o ascenso.