O Arenteiro sigue sumando minutos con empate 2-2 co Arzúa, o sábado último partido da pretempada en Vigo co Coruxo

7, Outubro 2020

Os verdes xogaron ante o Arzúa en Espiñedo a porta pechada, debido o empeoramento da situación epidemiolóxica dos últimos dias no Carballiño, o cuarto partido de preparación que se saldou con empate a dous goles, e unha parte para cada equipo.

O Arenteiro estivo, igual que en todos os partidos anteriores, dominador na primeira parte que concluíu cun 2-0, con goles de Joni e o debutante Renan Zanelli, pero na segunda parte o Arzúa estivo máis enchufado no partido e obtivo o premio do empate, 2-2. Fran Justo volveu utilizar a todos os xogadores dispoñibles na plantilla coa excepción do gardameta Diego García e o dianteiro Marquitos, ademáis Sylla -que entrou na segunda parte- apenas estivo 15 minutos no terreo de xogo, que abandonou tras recibir un forte golpe nunha perna. 

O sábado dia 11 ás 11:30 horas o Arenteiro xogará o derradeiro partido da pretempada antes do inicio da liga na terceira división, será no campo do Vao de Vigo ante o Coruxo de segunda b.