O Arenteiro ultima un plantel de 20 xogadores "no que primará o valor do grupo"

28, Xuño 2011

A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel. Ramón Dacosta terá as súas ordes 20 xogadores, a metade deles da Comarca do Carballiño, ós que se suman 4 futbolistas do veciño Ribeiro, que xunto ós foráneos, forman un grupo  no que en opinión do Técnico "primará o compromiso colectivo, o valor do grupo por enriba das individualidades". En canto á confección final da plantilla, ademáis das xa anteriormente anunciadas incorporacións, confirmase a continuidade do brasileiro Marconi, que será unha das pezas importantes sobre as que pivotará o equipo. En canto as novas caras, chegan ó Arenteiro Miguel Prada, un interior de 23 anos que procede do Melias; Gabriel Carballeda, mediocentro de 19 anos e procedente do Pabellón da liga nacional xuvenil; Marcos Sotelo, defensa de 26 anos que xogou a pasada tempada no Barbadás de Preferente; Michel, o xoven valor carballiñés que regresa a Espiñedo tralo seu paso polo Calasancio de Monforte, có que competíu na liga nacional xuvenil; Alex Bardelás, procedente do Maside, un mediocentro de moita calidade técnica e prometedor futuro; e xa finalmente, a falta de confirmación oficial, é moi probable a fichaxe do defensa Luis Vilachá, ex-Ourense e ex-Verín. A data de inicio da pretenpada está fixada para o mércores 27 de xullo.