O Auditorio acolle este venres dia 19 unha xornada de prevención das adiccións na adolescencia, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño

16, Novembro 2021

Serán en horario de tarde,  de 16:30 a 19:00 horas deste venres dia 19 de Novembro no Auditorio do Carballiño, e os destinatarios desta xornada son nais, pais, membros das ANPAS, asi como profesionais tanto da educación como da prevención e a saúde, e tamén poñer en valor o traballo que se está a facer en materia de prevención na comarca do Carballiño.

A iniciativa está promovida polo servizo de prevención de conductas adictivas da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e o Concello do Carballiño, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela,

Están programadas dúas conferencias, a primeira  de prevención integral e comunitaria, qué podemos aprender do modelo inslandés? que terá como ponente a Patricia Ros García, representante para España do modelo islandés de prevención.

A segunda conferencia  leva por título "adolescentes e adiccións con e sen substancia: qué pasa en España e qué pasa na comarca do Carballiño", o ponente será o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta.