O BNG de Boborás denuncia a falla de talante democrático do alcalde Cipriano Caamaño

27, Xullo 2010

O Grupo Municipal do BNG de Boborás presentouse nas dependencias municipais co obxecto de estudiar en profundidade os nove expedientes relativos as adxudicacións das obras subvencionadas a través do Plan E. A través dunha resolución dictada polo alcalde Cipriano Caamaño permitirase o acceso a antecedentes, datos e informacións que obren en poder dos servicios da Corporación en relación coas obras do Plan para o Fomento do Empleo e a Sostenibilidade Local 2010, así como a consulta do expediente de contratación das referidas obras que nunca son concedidas ás empresas e empresarios do concello.O Grupo Municipal do BNG poderá, polo tanto, revisar a documentación nas dependencias municipais o día 30 de xullo entre as 9:00 e 9:15 horas. Un total de quince minutos que fai aumentar aínda máis as sospeitas das posibles irregularidades. Diante deste novo atropelo o BNG anuncia que "o día 30 deste mes non se presentará nas dependencias municipais e reserva presentar accións legais en contra deste boicot".