O BNG, en contra da medida acordada polo Concello de Boborás para recortar o horario da iluminación pública

15, Setembro 2009

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Boborás  non comparte esa decisión do Grupo de Goberno do Alcalde Cipriano Caamaño. Nunha entrevista no programa de Xan pinal na "mañá de Cope", a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro asegurou que é numerosa á veciñanza que lles está a achegar a súa disconformidade por esta medida, amosando a súa inquietude xa que temen que a falla de iluminación aumente o número de roubos, asi como outros riscos que incrementarán a inseguridade cidadán, neste horario entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, no que se apagarán as iluminacións públicas en todas as localidades do Concello, e como medida aforradora para estos tempos de crise.A Portavoz do BNG tamén manifestou que o seu grupo está dacordo cunha política de racionalización do gasto público, pero considera que apagar a iluminación pública é un total desacerto. Polo tanto, o Bloque Nacionalista Galego solicita ó Goberno Muncipal de Boborás que reconsidere a súa decisión, que en ningún caso se produza o apagado da iluminación pública e propón que se busquen outras medidas de aforro no gasto, e que en ningún caso a falla de recursos sexa unha excusa para deixar de prrestar servizos públicos á cidadanía.