O BNG propón a elaboración dun plan municipal de acondicionamento de camiños e estradas, e que se atendan os casos máis urxentes

3, Outubro 2017

O concelleiro do BNG Manuel Pérez defenderá no próximo pleno que celebre a corporación de San Cristovo de Cea "que se elabore un plan municipal, con criterios obxetivos, que ordene a actuación sobre as pistas e camiños existentes na xeografía do concello de Cea e que se atenda de inmediato os casos máis urxentes".

Dende o BNG acompáñase a moción cunha relación de viais que se encontran en mal estado, e onde se debería priorizar as actuacións, xa que mesmo representan un perigo para a seguridade vial.

Ademáis, Manuel Pérez mostrou nesta emisora de radio as súas críticas pola non convocatoria do pleno ordinario do pasado mes de Setembro "sen que se nos dese unha explicación sobre esta circustancia".

Para acceder á moción do BNG prema no arquivo adxunto: