O calamitoso estado no que estaba Espiñedo obriga a adiar o Arenterio-Arousa

28, Febreiro 2010

Alguén podería chegar a conclusión errónea que nos últimos dias choveu máis no Carballiño que no resto de Galicia, tras saberse que este domingo tivo que adiarse o partido que tiñan que xogar no campo municipal de Espiñedo o Arenteiro e o Arousa, debido a gran cantidade de auga acumulada no terreo de xogo. Foi o único encontro de futbol de categoria autonómica que tivo que aplazarse por este motivo, o calamitoso estado no que se atopaba o campo. En realidade, non choveu no Carballiño maís que no resto do país, senón que o recinto deportivo municpal ten prácticamente inutilizado o sistema de drenaxe e cando chove non filltra a auga. O problema arrástrase desde que o Concello do Carballiño utilizou Espiñedo para o concerto do artísta brasileiro Carlinhos Brown, en xuño de 2007. Daquéla instalárase un macro-escenario sobre o terreo de xogo, equipos de luces e son, e camións de gran tonelaxe accederan ó recinto deportivo. A desfeita causada entón fixo que tiveran que investirse 60.000 mil euros, que aportou unha empresa privada, para recuperar o terreo de xogo, quedou coma unha alfombra verde perfecta, pero comezou a deteriorarse o pouco tempo coa chegada dos invernos. Ademáis, en xaneiro de 2009 os ventos do ciclón Klaus derrubaron unha parte do muro exterior, que desde fai tempo atrás xa amenazaba perigo de derrubamento. Un ano despóis a inercia municipal mantén as pedras tiradas no chan, e o muro sen reconstruirse. Non parece que os responsables muncipais do Carballiño teñan a Espiñedo entre as súas prioridades, aínda que o mínimo que podería exisirselle é que reparasen o que coa súa irresposabilidade estragaron.