O Carballiño e Cea acollen o campionato de seleccións autonómicas de Fútbol-Sala

3, Maio 2013

Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.

Xunto co edil de deportes do Carballiño Rodrigo González,  estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas "Butra", o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.
Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma: as seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.
Todas as finais xogaránse o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.