O Carballiño celebra o dia de San Cibrán con desexos de volta á normalidade

17, Setembro 2021

Primeiro coa tradicional procesión da imaxe de San Cibrán polas rúas máis céntricas, e logo coa misa solemne no Templo da Veracruz, a parroquia carballiñesa celebrou hoxe a festividade do patrón do Carballiño.

Pola tarde, ás 19:00 horas na praza da Veracruz está programada por parte do concello a única actividade festiva que temos este 17 de Setembro no Carballiño, o espectáculo musical "Camiñantes e cantantes", no que a orquestra La Oca Band contará con colaboración dos artístas Manuel Manquiña e Pili Pampín.