O Carballiño e O Irixo, únicos concellos con positivos nos últimos 14 dias. O resto de municipios levan varias semanas sen novos contaxios.

8, Abril 2021

No concello do Carballiño diagnosticáronse 13 novos positivos nos úlitmos 14 dias, o que sitúa a incidencia aculada a 14 dias no municipio carballiñés nos 92 casos por cada 100.000 habitantes. No Irixo, onde foron diagnosticados 9 novos contaxios nos últimos 14 dias, a incidencia acumulada neste periodo de tempo aínda se mantén por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes.

No resto dos concellos da comarca non se diagnosticaron novos positvos nos últimos 14 dias, e mesmo en varios deles levan máis dun mes sen que se rexistren novos casos de coronavirus.

Tan so 3 concellos teñen contaxios activos: O Carballiño (15) O Irixo (9) e Maside (1)