O Carballiño e Ourense a 15 minutos: Feijóo inaugura este xoves o ramal da autoestrada, que quedará desde entón aberto ó tráfico

27, Outubro 2009

O Carballiño e Ourense quedarán desde esta semana conectados por estrada en apenas 15 minutos, unha vez se proceda a apertura ó trafico do acceso directo desde O Carballiño coa AG-53, a autoestrada Ourense-Santiago. Según pudo saber Cope O Carballiño o ramal quedará aberto ó tráfico tras un acto oficial de inauguración que contará coa presencia do Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o Conselleiro de Medio ambiente, Teriritorio e Infraestructuras, Agustín Hernández. O acto, xa confirmado oficialmente,cebraráse ás cinco da tarde deste xoves dia 29 de outubro, de tal maneira que desde entón quedará xa aberto o vial á circulación de vehículos. Desde as catro da tarde, e cada 15 minutos, sairán autocares desde a estación de renfe do Carballiño para aqueles veciños que queiran acudir a este acto institucional que terá lugar no enlace deste vial coa autoestrada, nas inmediacións do viaducto do Viñao.

O ramal, que arranca na N-541 na nova rotonda da Fontela, tén unha lonxitude de 5,2 kilómetros que transcorren na súa totalidade dentro do ámbito municipal do Concello de Maside. Tén sección de autovia, con dous carrís para cada sentido da circulación, e ademáis conta cun doble enlace á altura da vila de Maside. Para  a súa execución foi precisa a expropiación de 414 fincas, todas elas no concello de Maside, e na obra da súa execución investironse 27,3 millóns de euros, e outros 2,6 millóns que se destinaron ó pago das expropiacións.