O Carballiño oferta este verán máis de 100 actividades, a programación ábrese os dias 1, 2 e 3 de xullo coa "Feira Medieval A Liorta". Consulta aquí todo o calendario.

28, Xuño 2022

Os concelleiros de turismo e cultura do Carballio, Manolo Dacal e Diego Fernández, presentaron o programa de actividades que oferta o concello carballiñés para os meses de xullo, agosto e setembro de 2022.

Son máis de 100 actividades pensadas para todos os públicos e idades, e a maioria delas teñen carácter gratuíto, unha programación que representa un desenvolvoso económico para o concello do Carballiño que supera os 150.000 euros.

Abrindo o arquivo adxunto podes consultar toda a programación, con datas, lugares e horarios para a súa celebración.