O Carballiño pide que se restableza o servizo de pediatría cunha gran manifestación, 1.500 persoas según a Policia Local.

14, Xaneiro 2024

A chuvia que caía nesta mañá de domingo sobre O Carballiño non impedíu que a mobilización convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño e comarca consiguíse un notable éxito de participación, unha das máis numerosas que nos últimos tempos se recordan na capitalidade comarcal.

Os datos aportados a COPE O Carballiño pola Policia Local do Carballiño eleva a participación nesta manifestación a unhas 1.500 persoas, a maioría delas fixo o percorrido marcado pola organización desde a Praza do Emigrante ata o Centro de Saúde, onde concluíu a protesta, na que tomaron parte familias enteiras nun ambiente reinvindicativo e festivo, facendo soar instrumentos musicais e utensilios ruidosos ao seu paso polas rúas carballiñesas.

A convocatoria contou cunha numerosa representación política, detrás das súas súas pancartas participaron nesta marcha polas rúas do Carballiño cargos dos grupos políticos, os que mais socialistas, BNG e Espazo Común. A protesta tamén foi apoiada polo concello do Carballiño.

A Plataforma reuníu en apenas mes e medio un total de 8541 sinaturas á súa causa, esixir da Consellería de Sanidade que se recupere o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño, que se repoñan as dúas prazas de pediatría a xornada completa, nun servizo que atende a máis de 2.300 nenos e nenas da comarca en idade pediátrica, e ven sendo atendido por médicos puericultores nos últimos meses.

Ademáis, xa solicitaron unha entrevista co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, co que se reunirán no transcurso da semana que ven, según avanzaron deste o gabinete do propio conselleiro, para demandarlle unha solución inmediata a esta situación de precariedade na atención pediátrica no Carballiño.