O Carballiño rexistra o primeiro incremento de contaxios activos (+1) dende o pasado 22 de Outubro. Sen variacións no resto de concellos, con Beariz á cabeza con 34 casos.

1, Decembro 2020

Rómpese asi unha tendencia que permanecía inalterable dende o dia 22 do pasado mes de Outubro, dende esa data -185 casos- O Carballiño emprendeu un descenso paulatino de contaxios activos ata acadar a cifra máis baixa dos últimos meses nos 10 contaxios activos notificados onte lúns, non obstante hoxe sube a cifra ata os 11 casos activos, polo tanto un máis que onte.

En Beariz, manténse o record de contaxios neste concello, que rexistraba onte e continúa inalterable hoxe, 34 persoas están pasando pola enfermidade no municipio bearicense. No resto dos concellos non se rexistra ningunha variación: Maside (4) Piñor (3) Boborás (2) San Cristovo de Cea (1) O Irixo (1) San Amaro (0) Punxín (0)