O Centro Comercial Aberto e as ANPAS da Comarca formalizan un convenio que facilita descontos comerciais ás familias

27, Outubro 2017

Por segundo ano consecutivo o CCA propuxo este convenio ás asociacións de nais e pais de alumnos dos distintos centros educativos da comarca, que repercutirá en ventaxas de tipo económico para as familias asociadas ás ANPAS.

A finalidade do convenio é fomentar as compras no comercio local e fidelizar como clientes ás familias da comarca carballiñesa.

Das catro ANPAS que participaron desta iniciativa o pasado curso, pasamos ás 12 que suscribiron o convenio este novo curso.

Son as ANPAS dos colexios de Punxín, Maside, San Amaro, O Irixo, Boborás, Cea, asi como os centros carballiñeses Trastes, Sagrado Corazón, A Uceira, Vila do Arenteiro, IES nº 1 e IES Chamoso Lamas.

¿Cómo funciona?

Os establecentos terán nas súas portas unha pegatina identificativa como establecemento colaborador coas ANPAS. Os socios destas asociacións deberán presentar o carnét anpa/CCA xunto co seu DNI, e asi obterán descontos directos nas compras, que van dende o 5% ao 15% do total da compra.