O Colexio CEIP de Beariz adapta o centro ao "Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica" da Xunta.

17, Xaneiro 2024

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio CEIP Beariz deste municipio para coñecer en primeira persoa as novas dotacións coas que conta esta escola rural tras a última inversión duns 10.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

O centro xa dispón dos novos recursos tecnolóxicos e do mobiliario adecuado para adaptar o centro ás características do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para, así, poder proporcionar unha educación adecuada aos seus alumnos.

Ademais, o representante de Educación da Xunta aproveitou a visita para poñer en valor a educación rural e recordar que o próximo día 1 de marzo abrirá o prazo para solicitar praza para os estudantes que queiran matricularse.