O Concelleiro Eladio Fernández lamenta que "a finalidade da extición da Fundación Benigno Quiroga sexa destinar o edificio a un xeriátrico"

9, Decembro 2020

O concelleiro de CompromisoXGalicia en Punxín, Eladio Fernández, quere que "se respecte a idea do fundador e que o edificio sirva para que os veciños de Punxin se formen para a vida e non esperen a morte, non é que teña nada en contra dos xeriátricos, pero a idea dun emigrante que non sabía ler era que a xente se formase para a vida, que tivera unha vocación docente o seu legado".

Fernández observa desta maneira "motivos especulativos" na extición da Fundación Benigno Quiroga. Asegurou que "tanto o alcalde, que o teñen prisioneiro, como o delegado territorial da Xunta non foron capaces de mostrarse un documento no que se acredite que o edificio pasará ao concello de Punxin, e non mo poideron mostrar porque non existe".

Según o concelleiro, o obxetivo final sería "destinar o edificio a un xeriátrico, están construíndo un de 24 prazas no antigo restaurante Cabaceiro, pero asi poderán amplialo co edifcio da Fundación". Eladio Fernández calcula que o valor do edificio pode alcanzar o millón de euros "aínda que a valoración que fan é moi inferior, de 400.000 euros".