O Concello de Avión crea unha nova modalidade de prestación social: as estadías nocturnas .

10, Xaneiro 2011

O Centro de Servizos Sociais Alvetus de Avión incluirá, entre as súas prestacións, unha nova modalidade "as estadías nocturnas", que convertirá novamente ó Concello de Avión en pioneiro na creación de novas fórmulas de servizos , como xa o foi no seu dia coa lavandería social, o comedor e o xantar sobre rodas ou o transporte adaptado. O Pleno da Corporación Municipal ven de aproba  a tariifa que deberán abonar os usuarios, mediante a creación da correspondente ordenanza fiscal, que regulará o funcionamento deste novo servizo. As "estadías nocturnas" abrirán a posibilidade ás persoas residentes no municipio que queiran pasar a noite no Centro Integral Alvetus", á inversa do que é un centro de dia, no que os usuarios pasan o dia nas intalacións municipais e regresan ós seus domicilios ó completarse o horario diurno. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, destacaba no programa "Asi son as mañás de Cope" que coa implantación destas estadias nocturnas,  O Concello avionense  sigue apostando decididamente polos servizos sociais "os veciños que o desexen e cumplan os requisitos poderán benefiarse destas estadias nocturnas desde a tardiña atá as 10 da mañá do día seguinte, mentres que polo dia poderán seguir activos e desenvolvendo a vida cotián nos seus pobos". Montero dixo que a idea xurdíu "de escoitar á xente e as súas necesidades, xa que a dispersión poboacional e o envellecemento da mesma, leva a algunhos veciños a non sentirse cómodos nos seus domicilios cando chega a noite, sen embargo polo dia sintense a gusto no seu hábitat de sempre, foi o que nos levou a idear este novo servizo"