O Concello de Boborás organiza unha excursión lúdico-cultural a Cantabria os días 12 e 13 de setembro

24, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) O Concello de Boborás organiza unha excursión lúdico-cultural a Cantabria os días 12 e 13 de setembro. A saída da viaxe terá lugar o sábado día 12 ás 05.00 da madrugada dende o Colexio Público de Boborás con parada en Santilla do Mar. Haberá unha visita guiada para coñecer a cicdade e para visitar unha réplica das Covas de Altamira, posto que as orixinais están pechadas ó público para evitar o seu deterioro.Ó rematar o día, os asistentes cearán no hotel. O domingo día 13, despois de almorzar, os excursionistas pasarán a mañá no Parque Natural de Cabárcenos, onde poderán ver un fantástico paraíso natural e variedade de especies animais. O xantar celebraráse no hotel e tras a comida viaxarán ata Comillas para coñecer a cidade. O custe da viaxe é de 50 euros -o Concello de Boborás subvenciona o 50% da viaxe-  para as persoas empadroadas e para aqueles que non o están, a excursión costará 100euros.  O prezo inclúe ida e volta, aloxamento, almorzo no hotel, xantar e cea o sábado e xantar do domingo ademáis das visitas guiadas e do seguro da viaxe. Os interesados poden inscribirse na Casa Consistorial de Boborás ata o 4 de setembro.