O Concello do Carballiño fomentará o uso da bicicleta cun servizo de préstamo e intalación de aparcabicis

24, Abril 2009

Unha iniciativa conxunta das concellerías de tráfico e medio-ambiente vai poñer en marcha un programa que pretende favorecer a utilización da bicicleta como medio de transporte entre a veciñanza carballiñesa. Unha aposta polo "fomento da mobilidade sostible" que xa se está levando á practica en numerosas cidades e vilas españolas desde fai algunhos anos atrás, aínda que con resultados bastante desiguais. Con bastante máis éxito, e desde fai anos, xa veñen apostando por este medio en moitas cidades europeas. Trátase, evidentemente, dun medio de transporte ecolóxico, e tan recomendable para a saúde como para o medio ambiente, como subliñou o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, que deu a coñecer diversos aspectos deste programa.

O Concello do Carballiño creará un servizo municipal de préstamo   para aqueles veciños e veciñas que non dispoñan de bicicletas en propiedade, e levará a cabo unha campaña divulgativa na que repartirá diverso material impreso, no que se invitará a poboación para que se aposte polo hábito de desplazarse en bicicleta. Ademáis, procederáse a intalación de aparcabicis municipais, que se ubicarán na piscifactoría, o camping, parque municipal, pavillón de deportes, piscinas, alameda, casa da cultura, concello, auditorio e nos dous institutos de ensinanza secundaria.

Outro dos obxetivos deste programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar as condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pensase que descenderá a utilización dos automóbiles, conseguiráse unha  maior fluidez na circulación e máis prazas de aparcamento.  Precisamente, coincidindo coa presentación desta iniciativa, deuse a coñecer a memoria da actividade desenvolvida pola Policía Local do Carballiño durante o ano 2008, e que revela un alto índice de accidentalidade nas rúas do casco urbano carballiñés. O informe, presentado polo Concelleiro José Antonio Barge e o Xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, pon de manifesto que cada tres días de 2008 produciuse un accidente de tráfico nas rúas e cruces da zona urbana.