O concello do Carballiño non subirá a taxa da recollida do lixo durante o primeiro semestre de 2014

2, Decembro 2013

O anuncio do concello carballiñés chega tras o acordo entre Xunta e Fegamp para aplazar o incremento do 34% que Sogama tiña previsto aplicar no canon aos concellos a partir do vindeiro 1 de Xaneiro.

Tras o principio de acordo anunciado o pasado venres, Sogama non fará efectivo o incremento ata o mes de xullo. Tras aprobar unha subida de 7,33 euros na taxa municipal para o ano 2014, o concello do Carballiño fixo pública unha nota de prensa na que aclara que "conxelarase a taxa da recollida do lixo durante o primeiro semestre de 2014, desta maneira os veciños do Carballiño non terá que asumir a subida do 12% nos recibos da recollida do lixo, polo menos ata o mes de Xullo de 2014, confirmandose asi en parte o desexo do alcalde de conxelar esta taxa municipal", manifestan.