O Concello pon en marcha un servizo de recollida de voluminosos en colaboración coa Deputación

15, Febreiro 2019

O Concello de Avión, en colaboración coa Deputación de Ourense acaba de poñer en funcionamento o “SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS A DOMICILIO” destinados a un punto limpo.

En ningún caso recolleranse cascallos, restos de obras, lixo, pneumáticos ou cristais.

O alcalde da localidade, Antonio Montero, pide mediante un bando distribído polas distnintas parroquias do municipio que os veciños non depositen os residuos ao lado dos colectores da recollida do lixo ata que os encargados do Servizo concreten unha cita para a recollida.

Todas as persoas que teñan voluminosos que tirar deberán poñerse en contacto co Concello de Avión no teléfono 988.486.000.

O Concello, con todos os avisos recibidos daralle traslado á Deputación, e seguidamente a entidade provincial avisará con tempo aos interesados do día da recollida para que deixen os voluminosos nun punto concreto.

Só se recollerán os voluminosos comunicados previamente ao Concello.