O concello valora se adianta ou non a celebración da feira do próximo dia 16, ao ser dia festivo de carácter local no municipio
O próximo martes dia 16 deste mes de Febreiro é o primeiro festivo de carácter local deste ano 2021 no concello do Carballiño, tal como está fixado no calendario laboral de Galicia, coincidindo co martes de entroido, aínda que este ano non se celebrarán actividades festivas propias da data, sí que se mantén o dia inhábil a efectos laborais para todos os centros de traballo, empresas, centros educativos, sanidade, administración ou comercio.
Asi as cousas, a ordenanza municipal recolle que sendo dia festivo a feira debe adiantarse ao dia anterior hábil, neste caso ao lúns dia 15. Non obstante, o alcalde Francisco Fumega avanzou en COPE O Carballiño que non descarta manter a celebración da feira coincidíndo co dia festivo local "dadas as circustancias imos estudar a posibilidade, creo que de forma excepcional podia ser o 16, aínda que sexa festivo", subliñou.
O segundo dia festivo de carácter local será, como cada ano que non coincide en domingo, o 17 de Setembro, festividade de San Cibrán, este ano no calendario da semana cadra a dia venres.