O flamante Campión de España da Copa Federación ofrece o título a O Carballiño

5, Novembro 2022

O Club Deportivo Arenteiro, flamante campión de España da Copa Federación, ofreceu a todo o pobo do Carballiño o título conquistado en Valencia o pasado mércores, faciao no mediodia deste sábado dia 5 de novembro dende o balcón da casa do concello e ante unha moi numerosa representación da afección concentrada na Praza Maior.

Antes, no salón de sesións da casa do concello, celebrábase unha recepción institucional por parte do concello na que houbo intervencioóns da concelleira de deportes Silvia Baranda, o alcalde Francisco Fumega e o presidente do CD Arenteiro Argimiro Marnotes. Os tres mandatarios tiveron palabras de loubanza pola xesta protagonizada polo equipo logrando por vez primeira un título oficial de ámbito nacional para o club carballiñés e tamén coincidiron ao destacar que era un triunfo colectivo do equipo co apoio do corazón de todos os carballiñeses e carballiñesas.