O Grupo de Emerxencias denuncia ante o concello a precariedade na que desenvolve o seu traballo, piden unha mesa de negociación e que se recoñeza a súa condición de bombeiros.

25, Xaneiro 2024

Os traballadores do Grupo de Emerxencias do concello do Carballiño manifestaron hoxe o seu malestar polas condicións nas que, afirman, están desenvolvendo o seu traballo, con notables carencias no servizo debido a unha situación de precariedade –aseguran- polo déficit de medios e e a falla de mantemento de equipamentos.

Para resolver as súas reivindicacións laboráis, reclaman ao concello do Carballño que convoque unha mesa de negociación, e recoñeza a súa condición de bombeiros. Lamentan ademáis que o servizo estea en precario en canto efectivos, xa que das 20 prazas que están contempladas na RPT, tan so están cubertas 14 na actualidade, e tendo en conta que contan con dúas baixas de longa duración.

Pola súa parte, o concelleiro de seguridade Alberto Otero defende a xestión municipal, e facendo mención á mellora das instalación nas que ten a súa sede este servizo municipal, e nas que se investiron máis de 200.000 euros, afirma que o concello seguirá aberto a negociar coa representación dos traballadores aínda que matiza que son traballadores para atender emerxencias pero que non son bombeiros.

No audio adxunto podes escoitar tanto as manifestacións de Jonatan Dominguez, portavoz dos traballadores, como do concelleiro de seguridade do concello do Carballiño, Alberto Otero.