O grupo de Emerxencias do Carballiño controla un incendio na factoría de Gestamp

21, Decembro 2014

O lume declarouse nunha máquina elevadora, nas instalacións da empresa eólica sita no parque empresarial do Carballiño., ás cinco da madrugada os vixilantes de seguridade da factoria deron aviso ao 112.

Movilizouse o retén  de Emerxencias do Concello do Carballiño, que extinguíu o lume. Tamén de inmediato púxose en marcha un operativo con efectivos de Protección Civil, aínda que xa non foi precisa a súa intervención.