O IES Manuel Chamoso Lamas acada a Carta Erasmus para Institucións de Educación Superior

17, Decembro 2013

O Centro poderá ser beneficiario da totalidade das accións dos Programas  Europeos para a Formación. Fundamentalmente, do programa ERASMUS+, evolución dos anteriores LEONARDO e ERASMUS, dirixidos específicamente á Formación Profesional e ós estudios universitarios. 

 Aquelas institucións, que como o IES. Manuel Chamoso Lamas, acadasen a Carta, poderán participar en accións de mobilidade para a aprendizaxe, de xeito que alumnos de Formación Profesional do Centro poderán realizar prácticas de traballo nunha empresa de calquera estado membro da Unión Europea durante un período de tres meses, contando ademáis co apoio dunha Beca Erasmus da propia UE.

 Ademáis, o outorgamento da Carta Erasmus tamén permite a realización de actuacións de mobilidade para o profesorado, a través de programas de intercambio, estancias temporais noutros países, ou foros para compartir as experiencias educativas docentes, de xeito que será una realidade atopar a profesores franceses, portugueses ou alemáns impartindo clases no Centro.

 Asemesmo, tamén se poderán establecer asociacións educativas de calquera tipo con Centros de toda Europa para a realización de proxectos docentes conxuntos.

 En definitiva, non deixa de ser una boa nova para os alumnos dos Ciclos Formativos Medios e Superiores do IES. Manuel Chamoso Lamas, xa que poderán vivir en primeira persoa a experiencia de coñecer outo país, outra lingua e outra cultura mentras realizan as súas prácticas de traballo no estranxeiro, tendo en conta ademáis que na actual convocatoria só se lle presentará esta oportunidade en toda a provincia de Ourense ós estudantes de tres Centros Integrados de Formación Profesional e doutros tres Institutos de Ensino Secundario, entre os que se atopa o Manuel Chamoso Lamas.