O internacional José Luis Munuera arbitrará en Espiñedo o Arenteiro-Valencia.

14, Decembro 2021

A Real Federación Española de Fútbol designou ao árbitro FIFA, José Luis Munuera para dirixir o Arenteiro-Valencia que se xoga este xoves ás 19 horas no estadio de Espiñedo, correspondente á segunda ronda da Copa do Rei. Munuera pertence ao Comité andaluz, con ampla experiencia en primeira división, é árbitro internacional dende o ano 2019.