O Irixo acolle o campionato galego de trial 4X4

26, Outubro 2011

O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".

Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.