O Mosteiro de Oseira acolleu a presentación da Festa do Polbo

19, Xullo 2010

A monumental biblioteca do Mosteiro de Santa María A Real de Oseira convertíuse hoxe no excepcional escenario para a presentación oficial da Festa do Polbo, dedicada este ano ó Mosteiro Cisterciense, ó que según a tradición oral se lle debe a introdución e popularización do polbo na nosa Comarca. Tanto o Alcalde do Carballiño Carlos Montes, como o actúal Abade de Oseira, Juan Javier Martín, incidiron precisamente nas súas respectivas intervencións, neste aspécto histórico, que atribuie ós monxes de Oseira a chegada do polbo a estas terras do interior de Galicia nos tempos nos que "as xentes do mar pagaban os seus tributos ós monxes de Oseira, cándo os dominios do mosteiro chegaban atá o mar de Pontevedra, e desde alí os aparceiros pagaban os seus tributos ó mosteiro en polbo seco", e asi sería coma os monxes propiciaron a tradición polbeira entre os labregos que traballaban nas granxas que o mosteiro tiña repartidas pola comarca adiante. No programa "A Mañá de Cope", o Abade de Oseira, Juan Javier Martín agradeceu ó Concello do Carballiño esta dedicatoria, mentres o Alcalde Carballiñes confirmou que esta semana continuarán os actos promocionais da festa cunha visita á cidade alemana na que se atopa o acuario no que reside o famoso "Pulpo Paul", a ónde se desplazará o mércores dia 21 unha delegación institucional do Concello Carballiñes para facerlle entrega do distintitivo de "Amigo Predilecto do Carballiño". A este acto celebrado en Oseira, asistiron representantes dos grupos políticos das Corporacións Municipais do Carballiño e San Cristovo de Cea, éste último co seu Alcalde, José Luis Valladares, á cabeza. O remata-la presentación, todos os asistentes tiveron ocasión de degustar o polbo á feira, acompañado de pan de Cea e viño do Ribeiro, que se serviron no claustro dos Cabaleiros do Cenobio Cisterciense.