O posible relevo na alcaldia de San Amaro abre unha crise política neste concello. O candidato de Xuntos, Carlos Paz, asegura que sustituirá ao socialista Rubén Gómez nas próximas semanas

10, Xuño 2021

No acordo de cogobernanza suscrito a principios do actúal mandato municipal  entre PSOE e Xuntos por San Amaro recollíase que os socialistas terían a alcaldía entre 2019 e 2021, e Xuntos por San Amaro asumiría a alcaldía entre o 2021 e 2023.

A data na que deberia producirse o relevo é a do próximo dia 15 deste mes de Xuño, non obstante distintas fontes consultadas por esta emisora de radio dubidan que se vaia producir este relevo tal como se pactara entre ambas formacións politicas, ante as reticencias manifestadas por membros do actúal grupo de goberno bipartito que preside o alcalde socialista Rubén Gómez.

Non obstante, o primeiro tenente alcalde e candidato á alcaldia de Xuntos por San Amaro Carlos Paz en declaracións a COPE O Carballiño asegurou que "non hai ningún motivo para pensar que non se vai cumplir o acordado, tanto ten que sexa o dia 15 como o 25, pero é o que está acordado". Paz asegurou que xa pactou co actúal alcalde que "a principios da semana que ven reunirémonos para ultimar os detalles, o goberno vai ser o mesmo, o único que se vai producir é o acordado relevo na alcaldía", subliñou.

A corporacion municipal de San Amaro está integrada por nove concelleiros e concelleiras, o Partido Popular -na oposición- conta con catro representantes, mentres que PSOE con tres concelleiros e Xuntos con dous, completan o pleno do concello.