O PSdeG considera un despilfarro o novo sistema de iluminación led "con farolas cada dous metros, aumeando galiñeiros, e rodeando casas de membros do grupo de goberno", un "fraude" afirma Iago Fariñas.

1, Decembro 2022

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta "o incremento do gasto en enerxía eléctrica en 20.000 €, pasando dun presuposto de gasto no actual orzamento de 78.000 euros a 98.000 € segundo a modificación de crédito aprobada recentemente e apenas dous meses despois de aprobarse o presuposto municipal".

Lamentan os socialistas este incremento no gasto eléctrico cando o Concello do Irixo ven de acometer a renovación de instalacións de alumeado público exterior nas Parroquias de Campo, San Cosme, Cidá e Parada por importe de 410.991,08€ cunha subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de España para colocar luminarias leds de baixo consumo en todas estas parroquias sumándose a renovación que xa se fixo en outras parroquias do Irixo en anos anteriores.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia "o fraude no cambio de luminarias a leds feito polo concello, onde se mantiveron luminarias non necesarias antigas, e nalgúns casos, mantendo luminarias a escasos dous ou tres metros unhas das outras, un claro e sangrante despilfarro do consumo eléctrico que paga todala veciñanza".

Engade que "é autenticamente lamentable e descarado por parte do alcalde e do grupo de goberno, que concelleiros do grupo de goberno, teñan 3 e 4 farolas o arredor da súa propia casa, nalgún caso, nos galiñeiros ou farolas que non distan máis de 2 ou 3 metros unhas da outras , unha auténtica vergoña".

Finalmente, consideran os socialistas que todo elo "é unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno, que non atende as peticións de veciños para a colocación de luminarias necesarias nos camiños dos pobos e si as coloca nos galiñeiros, nas leiras ou arredor das súas casas unhas de par das outras", remarcan.