O pulpo do Carballiño abre restaurante no estadio Santiago Bernabéu. Escoita aquí a entrevista a Paco Gómez.

3, Novembro 2025

Paco Gómez, o pulpeiro e empresario carballiñés da cadea de restaurantes "A Feira" inaugura este martes dia 4 de novembro un novo espazo gastronómico co pulpo do Carballiño como protagonista no estadio do Real Madrid, o mítico Santiago Bernabeu.

Lévase con él á tamén pulpeira carballiñesa de Arcos, Silvia Baranda, á que confia a dirección deste espazo no que servirán a diario e os 365 dias do ano o pulpo do Carballiño, asi como os melindres tamén carballiñeses do Corral, asi como outras exquisiteces da nosa gastronomia galega, como o lacón asado, as zamburiñas ou os pementos de Padrón.

Na entrevista de Xan Pinal con Paco Gómez, podes escoitar máis detalles deste novo proxecto que introduce o pulpo do Carballiño nun dos templos do fútbol mundial.