O Ribadumia-Arenteiro, este domingo 20 de Decembro, dende as 16:30 horas na TVG-2

18, Decembro 2020

O partido xógase dende as 16:30 horas do domingo no campo da Senra de Ribadumia e será retransmitido en directo na WEB da TVG-2, e de forma simultánea no "Carrusel de Terceira" na TDT alternando con outros dous encontros, Bergantiños-Somozas e Alondras-Arousa.

O Arenteiro chega a este último partido da fase regular no Subgrupo B da Terceira División aínda invicto e como segundo clasificado con 20 puntos. O Ribadumia, que ven de perder este xoves co Cádiz de primeira división por 0-2 en partido da Copa do Rei, é cuarto na clasificación actúal con 15 puntos.