O TSXG desestima o recurso de súplica interposto polo Concello e ordena a demolición dos áticos do edificio do hotel Rogelia

15, Xuño 2009

A resolución da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tén data do pasado dia 26 de abril, e xa foi comunicada  ás partes o dia 4 deste mes de xuño, e na mesma desestimase o recurso de súplica interposto polo Concello do Carballiño e a promotora Fanjol contra o auto do pasado mes de marzo no que solicitaba a inexecución da sentencia que obriga ó Concello do Carballiño á demolición da útlima planta do edificio do antigo hotel Rogelia, entre as praza dos Irmáns Prieto e a avda. de Julio Rodríguez Soto, tras o recurso contencioso promovido por un grupo de veciños do edifcio colindante, e os que a xustiza deu a razón. O TSXG estimou parcialmente a inexecución solicitada polo Concello Carballiñés, pero ordenou a demolición dos áticos da última planta do edificio. Agora, a resolución do recurso de súplica, manifesta que  "con independencia de los perjuicios que ello suponga para quien, según el contenido de la sentencia, ha vulnerado la normativa urbansitica y que era aplicable al caso, y que debe afrontar las consecuencias de ese proceder antijurídico".