O último traballo de Carlos Montes "O Carballiño Progresista" recolle parte da historia local dos séculos XIX e XX. Escóitao aquí.

27, Novembro 2025

Trátase dunha publicación promovida pola Agrupación Local do PSdeG-PSOE, e na que o historiador carballiñés Carlos Montes fai unha aproximación aos grandes persoeiros e persoeiras da vida política e social do Carballiño desde 1835 en adiante, e que foron represaliados en distintos momentos históricos.

Aquí podes escoitar a entrevista en COPE O Carballiño na que Montes fala do seu traballo de investigación histórica: